Boletín do Círculo de Maquinistas da Armada

Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán

  • November 15, 1872
  • Magazine

O " Boletín del Círculo de Maquinistas de la Armada" é a cabeceira de prensa de máis longa duración na historia do xornalismo ferrolán. Foi decana da prensa provincial e premiada coa medalla de ouro na "Exposición Regional de Cádiz" de 1887. O primeiro número veu a luz o 25 de novembro de 1872, e o último que se coñece é do mes de decembro de 1935. Dada a regularidade da publicación, deberían existir dous número máis, o de marzo e o de xuño de 1936. O Boletín do Círculo de Maquinistas da Armada mantivo a súa continuidade durante oitenta e dous anos, desaparecendo có Alzamento. O Boletín ha desaparecido practicamente e coñécese como unha publicación "rara". Según parece, os maquinistas desfixéronse deles queimándoos ao consideralos comprometedores. O seu contido e totalmente profesional, tan só algún artigo con reinvidicacións do status corporativo e unha editorial celebrando a Segunda República no 1931. Foron redactores (no 1930): Andrés Lago, Pedro Arévalo, Evaristo Díaz, Eustasio Fernández (Ferrol), Victoriano Medina, Joaquín Yarza, Juan Manzanera, José Albarrán, Francisco Valles Collantes, Celso Pérez Fuentes (fora de Ferrol). En decembro de 1935 estaba dirixido por Ángel Vázquez da Porta, era redactor xefe José Rodríguez López e redactor-administrador Manuel Brage Vizoso. Entre os seus colaboradores figura o enxeñeiro Andrés A. Comerma i Batalla (elexido "científico do ano" pola Real Academia Galega de Ciencias, 2020) asi como Ángel Lloveres y Grámola, Gerardo Landrove,…

Publisher
Hijos de R. Pita, Diario Ferrolano, El Correo Gallego (impresores)
Genres
Science and mechanics, History
Language
Spanish
Collection
The Magazine Rack
Licence or status
CC BY-NC-ND 4.0 (as the archive states it)
Rights
No Known Copyright: http://rightsstatements.org/vocab/NKC/1.0/
Who can read it
Tweens profiles and older (placed by Invisible Network from what the archive says; archives give no ratings)
Archive
Internet Archive