Acorazado España
Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán
Único número editado có motivo da botadura do acorazado "España" en Ferrol o 5 de febreiro de 1912. Construido pola Sociedad Española de Construcción Naval (SECN). A SECN nace como consecuencia da Lei do 8 de xaneiro de 1908 que reorganizou os Servizos da Mariña. Para Ferrol sinalaba a construción dun dique de grandes dimensións, o dragado da dársena do Arsenal a oito metros, a instalación de centrais eléctricas e, o máis importante, a construción de dúas gradas para grandes buques. Ferrol recibiu as maiores inversións. Foron indubidabelmente de importancia as obras civís como as referentes á construción de acoirazados. Entre xullo de 1909 e a botadura do "Acorazado España", en febreiro de 1912, construíronse as dúas gradas previstas, iniciouse o dragado da dársena, e a construción do dique "Reina Victoria Eugenia". Ao mesmo tempo, a contrución do muelle de descarga de materiais no estaleiro, tivo unha prioridade moi alta para a realización das novas construcións. A Sociedade Española de Construcción Naval foi creada como compañía anónima mercantil o 18 de agosto de 1908, e definitivamente constituida o 1 de maio de 1909. A alta dirección dos traballos en Ferrol estaba encomendada a Harry James Spiers (xefe de máquinas do estaleiro), Archibald Jack Campbell (director da factoría), Miguel rechea (xefe do departamento de buques) e John Orr (xefe de estudos de máquinas). Para a relación da Sociedade cós representantes da Mariña e demáis entidades foi nomeado o capitán de navío…
- Publisher
- Sociedad Española de Construcción Naval
- Genres
- War, History
- Language
- Spanish
- Collection
- Military magazines
- Licence or status
- CC BY-NC-ND 4.0 (as the archive states it)
- Who can read it
- Teens profiles and older (placed by Invisible Network from what the archive says; archives give no ratings)
- Archive
- Internet Archive